A Fonsagrada acollerá un taller de poda o domingo 30 de marzo

LugoXa
A actividade, promovida en colaboración coa Deputación de Lugo, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos sobre técnicas de poda
concello-a-fonsagrada
22 Mar 2025

O Concello da Fonsagrada organiza un taller de poda gratuíto que terá lugar o domingo 30 de marzo ás 10.00 horas no Salón de Actos de Os Chaos.

A actividade, promovida en colaboración coa Deputación de Lugo, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos sobre técnicas de poda, tanto para uso doméstico como para aplicacións profesionais.

Este obradoiro será unha excelente oportunidade para aprender a coidar mellor árbores e plantas, contribuíndo así ao mantemento adecuado das zonas verdes e hortas.

A entrada é de balde, polo que desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta iniciativa formativa pensada para promover prácticas sostibles e o coidado do entorno natural.

⚙ Configurar cookies
0.13107895851135