A Fonsagrada acollerá unha oficina móbil de atención a persoas emigrantes retornadas

LugoXa
O servizo ofrecerá información e asesoramento na Praza do Concello en horario de mañá
concello-da-fonsagrada
10 Apr 2026

A Fonsagrada contará o vindeiro xoves 21 de maio cunha oficina móbil destinada a prestar apoio ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias. O punto de atención instalarase na Praza do Concello e funcionará en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer información e asesoramento personalizado, así como dar resposta ás distintas necesidades e demandas que xorden no proceso de retorno. Deste xeito, búscase facilitar a integración e o acceso a recursos ás persoas que regresan á comunidade galega tras unha etapa no exterior.

A presenza desta oficina móbil permitirá achegar estes servizos directamente á veciñanza, contribuíndo a mellorar a atención e o acompañamento neste proceso.

0.11715006828308