A Fonsagrada acollerá unha sesión de psicomotricidade e memoria para a terceira idade

LugoXa
A actividade desenvolverase o 15 de setembro na Casa da Cultura e está aberta á poboación en xeral
Casa_da_Cultura-A Fonsagrada
14 Aug 2025

A Aula Coworking da Casa da Cultura da Fonsagrada acollerá o vindeiro 15 de setembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, unha sesión teórico-práctica de psicomotricidade e memoria organizada polo Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.

O obxectivo é promover o desenvolvemento e a estimulación das capacidades psíquicas, motrices, afectivas, expresivas, creativas e de comunicación.

O programa inclúe unha fundamentación teórica sobre capacidades biolóxicas e motrices básicas, capacidades neuromotoras e sensoperceptivas, procesos cognitivos, habilidades sociais e de benestar, así como a participación na diversidade cultural. Ademais, haberá exercicios prácticos de psicomotricidade e recuperación da memoria, especialmente dirixidos á terceira idade.

A actividade, impartida por Jenifer Souto Pérez —enfermeira educadora e psicóloga—, está aberta a pacientes, familiares e veciñanza en xeral. As inscricións poden realizarse no Concello ou na Casa da Cultura durante o mes de setembro.

⚙ Configurar cookies
0.16548800468445