A Fonsagrada celebra o 8 de setembro o XXX Concurso de gando cabalar, mular e asnal

LugoXa
A Concello da Fonsagrada organiza a Feira de San Marcos o 22 de abril. As inscricións permanecerán abertas ata o día 20
fonsagrada XXX Concurso cabalar mular asnal
27 Ago 2023

A Fonsagrada celebra o venres 8 de setembro o XXX Concurso de gando cabalar, mular e asnal. Esta cita comezará ás 8.00 horas coas probas morfolóxicas na praza do Concello.

Participarán asnal, mular, póneis, cabalos e eguas do país, cabalos e eguas cruzadas e cabalos e eguas de pura raza galega e asturcón.

O gando recibirase no recinto do Mercado Gandeiro, os propietarios recollerán o número e inscribiranse na oficina disposta para este Concurso. Os animais deberán ir perfectamente identificados.

O recinto pecharase ás 10.30 da mañá, non podendo participar os que cheguen despois desta hora. Ás 16.30 horas será a proba de andaina galega non federada, na rúa Enrique Saavedra (preto da Escola-Hogar).

Haberá premios para serrada e chapeadad de máis e menos de 1,50 metros así como un premio especial ao mellor exemplar da zona.

fonsagrada XXX Concurso cabalar mular asnal
0.20678806304932