A Fonsagrada celebra o seu X Concurso de Tapas

LugoXa
O Concello da Fonsagrada acollerá do 27 de xuño ao 1 de xullo o décimo Concurso de Tapas no que participan os establecementos da localidade.
COncurso tapas fonsafrada portada
24 Xuño 2023

O Concello da Fonsagrada convoca a décima edición do concurso de tapas, co fin de incentivar, segundo o Goberno municipal, o bo facer culinario dos cociñeiros locais”.

Con esta cita, buscan tamén contribuír a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio.

O evento celebrarase desde o martes 27 de xuño ao sábado 1 de xullo de 20:00 a 23:00 horas. Cada establecemento presentará unha tapa a concurso á que se lle dará un nome e cuxo prezo será de 3 euros.

Os clientes consumidores das tapas serán os encargados de elixir aos locais gañadores cos seus votos. Na valoración das tapas, terase en conta o mellor sabor e a mellor presentación.

Para iso, deberán dispoñer dunha cartilla que se recollerá en calquera dos establecementos participantes. O cliente deberá obter o selo do establecemento na súa cartilla, no momento da consumición.

Unha vez completado e cumprimentado cos datos persoais do consumidor, depositarase en calquera das urnas situadas en cada un dos establecementos contabilizándose no reconto de votos só aquelas cartillas que estean validamente cumprimentadas.

COncurso tapas fonsafrada
0.18381500244141