A Fonsagrada celebrará a XXV Feira do Butelo o 19 e o 20 de febreiro
A Feira do Butelo da Fonsagrada é unha das citas gastronómicas máis asentadas na comarca. Este ano, despois da cancelación da edición pasada no 2021, celebrarase os días 19 e 20 de febreiro.
Esta ano, a súa edición número 25 será o terceiro ano da celebración co recoñecemento como festa de interese turístico galego trala suspensión da feira no ano pasado debido á Covid-19.
Esta festividade é unha feira que se celebra unha vez ao ano, habitualmente, a fin de semana anterior ao fin de semana do Entroido.
A primeira edición desta feira foi no ano 1998, na actualidade está consolidada e goza de gran arraigamento tanto entre os veciños do Municipio como entre os numerosos visitantes. Moitos son os que se achegan á Fonsagrada no fin de semana da feira co obxecto de degustar ou comprar este cobizado embutido e demais produtos da matanza, así como outros produtos gastronómicos da zona.
Desde a súa orixe a Feira do Butelo consolidouse como un referente no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo ao Entroido, podendo os visitantes aproveitar para adquirir produtos típicos para estas datas.
BUTELO
É un embutido típico, propio e peculiar da zona da Fonsagrada que ten a súa orixe na necesidade de conservar a carne de porco despois da matanza. Elabórase a base de costela de porco e outras partes, adobándoas e embutíndoas no estómago ou na tripa grosa de porco, curado e afumado con leña de carballo.