A Fonsagrada celebrará o Día do Libro cos Contos de Chuche Amil
Con motivo do Día do Libro, que se celebra o 23 de Abril, a Biblioteca municipal da Fonsagrada terá contos ilustrados con cancións da colección Sonárbore de Galaxia, “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”. Con esta iniciativa procúrase que os nenos e nenas aprendan a mirar os contos de diferentes xeitos, dende diversos punto de vista.
A actividade Contos de Chuche Amil que terá lugar o 22 de abril comezará ás 18.00 horas e está dirixida a nenos de 3 a 9 anos.
Chuches Amil é un proxecto musical adicado a toda a familia cun aceno contemporáneo e na nosa fala. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria.
Este tipo de iniciativas promoven a lectura en idades temperás axudando a crear o hábito e a desfrutar dos libros.
A lectura agudiza a astucia, estimula o intercambio de información e coñecemento. A costume continuada de ler, retarda a aparición dos síntomas de demencia e, ademais, estimula a percepción, concentración e a empatía.