A Fonsagrada celebrará o seu XLIX Concurso-Exposición de gando vacún o 6 de setembro

A Fonsagrada acollerá o sábado 6 de setembro o XLIX Concurso-Exposición de gando vacún, que se desenvolverá no mercado gandeiro comarcal, no pavillón cuberto. Nesta edición participarase con abundante gando de vida e poderán concorrer todos os produtores de Galicia e Asturias.
As razas protagonistas serán a Rubia Galega e a Asturiana de los Valles, con diferentes categorías: xatos carniceiros de ata 10 meses, novillas e novillos de 10 a 24 meses, ademais de touros e vacas. Cada gandeiro poderá inscribir un máximo de cinco exemplares por categoría, quedando subvencionado o transporte do gando de exposición.
O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de setembro, con límite de 100 reses, podendo realizarse no Rexistro do Concello ou a través do correo electrónico municipal. O día da feira, o recinto abrirá as portas para a entrada do gando o venres 5 de setembro a partir das 15:00 horas.
O concurso repartirá importantes premios en metálico e trofeos, ademais de galardóns especiais aos mellores lotes de A Fonsagrada e ao mellor lote procedente de fóra do municipio. O xurado estará composto por tres xuíces que avaliarán os exemplares a partir das 11:00 horas.
Un dos momentos máis esperados será a tradicional subasta de Acruga, prevista para as 12:00 horas, e a continuación terá lugar a entrega de premios, programada para as 13:30 horas.
O evento está organizado polo Concello da Fonsagrada coa colaboración da Deputación de Lugo, a Asociación de Gandeiros da Fonsagrada, a Federación Rural Galega e a Acruga.