A Fonsagrada colabora nunha recollida solidaria de tapóns

LugoXa
O Concello colabora deste xeito coa Federación Alcer co obxecto de recadar fondos para a investigación do síndrome de Dent
miniatura recollida tapóns solidarios alcer
11 Feb 2021

O Concello da Fonsagrada colabora estes días coa Federación Alcer Galicia mediante a recollida solidaria de tapóns.

O obxecto desta iniciativa é recadar fondos para a investigación do síndrome de Dent, unha doenza rara dos riles que afecta a unha decena de nenos en Galicia, un deles en Lugo, e que lles supón a necesidade de someterse a varios trasplantes ao longo da vida.

Os tapóns de plástico poden entregarse no Concello da Fonsagrada polas mañás, en horario de oficina.

0.15752220153809