A Fonsagrada convoca unha xornada formativa para persoas coidadoras

LugoXa
A Fonsagrada continúa a dinamizar a oferta de actividades e charlas que poidan ser de interese para a súa veciñanza
maiores-residencia-coidado-saf
8 sep 2024

A Fonsagrada continúa a dinamizar a oferta de actividades e charlas que poidan ser de interese para a súa veciñanza. Despois de poñer en marcha un obradoiro de cultivos de inverno, que se desenvolverá tamén no mes de setembro, programan unha nova xornada formativa para os que se encargan de coidar a persoas dependentes.

A iniciativa baixo o nome de Coidado do coidador: prevención da soidade desenvolverase o 20 de setembro ás 16.30 horas no salón de actos públicos do Concello. Os interesados na iniciativa, organiza polo Goberno local, Afalu e Acis, poden realizar as súas inscricións nos servizos sociais do Concello ou no 982 340 000.

xornada formativa coidadores a fonsagrad
0.078778028488159