A Fonsagrada e Becerreá acollen unha formación de cociña local

LugoXa
A Fonsagrada e Becerreá acollen o vindeiro xoves 12 de xaneiro o curso Cociña Local e Turismo enmarcado no club Cociña de Ancares Terras de Burón e impartido polo experto en estratexia e márqueting orientado ao turismo, Javier Corrochano.
9 Xan 2023

O curso terá unha duración de tres horas e na Fonsagrada celebrarase na Casa da Cultura de 10.00 a 13.00 mentre que en Becerreá a formación terá lugar na Casa do Concello en horario de 16.30 a 19.30.

Os obxectivos do curso son a posta en valor do produto local na cociña actual coñecendo tendencias do mercado e perfís dos novos clientes, así como a sustentabilidade e rendibilidade no negocio turístico.

Esta formación está orientada aos restaurantes e aloxamentos inscritos xa no clube, pero tamén a todos aqueles establecementos do territorio que poidan estar interesados. O número de prazas é limitado polo que será preciso inscribirse nos teléfonos 982 355 290 e no 659 275 743 (tamén Whatsapp) ou no email ancaresburon@gmail.com.

0.19944500923157