A Fonsagrada elixe aos gañadores do XI Certame de Tapas

LugoXa
Visitantes e veciños gozaron das mellores propostas gastronómicas e foron quen de elixir as súas favoritas
gañador_concurso_tapas_a_fonsagrada
6 Xul 2024

Do 25 ao 29 de xuño A Fonsagrada foi capital gastronómica da provincia grazas ao XI Certame de Tapas do municipio, que organizou o Concello, coa colaboración da Deputación, e no que participaron once locais de hostalaría. Visitantes e veciños gozaron das mellores propostas gastronómicas e foron quen de elixir as súas favoritas. Finalmente, tras o reconto da votación popular, resultaron gañadores Mesón Catro Ventos como mellor presentación e Bar O Atallo como mellor sabor.

Pola súa parte, o premio dun vale para consumir no comercio local doado polos hostaleiros de 225 euros tocoulle a Lorena Menéndez Llano. Os dous premios do Concello (2 cestas de produtos locais) foron para Santiago Fernández González e a Raúl Fernández Fernández. Dende o Concello agradecen a todos os establecementos participantes desta edición, a todo o público que degustou a saborosa gastronomía.

0.22768402099609