A Fonsagrada ensinará aos seus maiores o uso do móbil co 'Enredando'

LugoXa
O Concello da Fonsagrada acollerá o taller Enredando co que pretenden capacitar aos maiores nun uso avanzado do móbil.
enredando
19 Xul 2022

O Concello da Fonsagrada acollerá o vindeiro venres, 22 de xullo, o taller Enredando co que se axudará ás persoas maiores da vila a achegarse á tecnoloxía de forma sinxela. Así, a praza do Concello será a ubicación deste programa entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Trátase dunha iniciativa de Cruz Vermella que quere axudar aos maiores a mellorar o uso do móbil, con aplicacións de mensaxería instantánea, facer búsquedas en Internet e, incluso, pedir cita para os médicos.

0.070450782775879