A Fonsagrada organiza un baile para maiores con música en directo este 29 de xuño

LugoXa
A actividade terá lugar entre as 17:00 e as 20:30 horas na Praza da Igrexa, sempre que o tempo o permita
concello-da-fonsagrada
21 Jun 2025

O Concello da Fonsagrada organiza o 29 de xuño un novo baile para as persoas maiores do municipio, que se celebran cada último domingo de mes no Comedor da Escola Fogar, agás en xuño, xullo e agosto.

A actividade terá lugar entre as 17:00 e as 20:30 horas na Praza da Igrexa, sempre que o tempo o permita; en caso de choiva ou mal tempo, trasladarase ao comedor da Escola Fogar.

O evento estará amenizado pola acordeonista Tania, e busca promover o lecer, a música e a socialización das persoas maiores nun ambiente lúdico e participativo.

Desde o Concello convidan a todos os veciños e veciñas a achegarse e gozar dunha tarde de baile e encontro.

⚙ Configurar cookies
0.33465814590454