A Fonsagrada pon en marcha as Escolas Deportivas para nenos e nenas dende os 5 anos

LugoXa
De outubro a xuño, o Concello ofrece actividades gratuítas de pádel, multideporte, baloncesto, fútbol e fútbol sala
Escolas-deportivas-A-Fonsagrada
10 Sep 2025

O Concello da Fonsagrada vén de anunciar a posta en marcha das Escolas Deportivas municipais, dirixidas a nenos e nenas a partir dos 5 anos.

O programa desenvolverase de outubro a xuño e inclúe actividades totalmente gratuítas de pádel, multideporte, baloncesto, fútbol e fútbol sala.

O alumnado do CEIP e do IES da Fonsagrada recibirá o formulario de inscrición, mais tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas oficinas do Concello

⚙ Configurar cookies
0.17169904708862