A Fonsagrada prepara unha nova edición do seu Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal
A Fonsagrada celebra o XXXI Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal o vindeiro 8 de setembro a partir das 8.00 horas. Trátase dunha serie de probas morfolóxicas na praza do Concello que son puntuabales para a XXIII Copa Galicia de Pura Raza Galega.
O gando recibirase no recinto do mercado gandeiro e os propietarios recollerán o número e inscribiranse na oficina disposta para o concurso. Os animais deben vir perfectamente identificados e o recinto pecharase ás 10.30 horas da mañá, polo que non poden tomar parte os que cheguen despois desta hora.
Xa pola tarde, a partir da 16.30 horas, terá lugar a proba de andadura galega non federada na rúa Enrique Saavedra. Entregarán trofeos e grandes premios en metálico e premio especial ao mellor exemplar da zona.