A Fonsagrada prepárase para a décima edición da Ruta dos Lobos
Comeza a conta atrás para a X Ruta dos Lobos na Fonsagrada. A cita cicloturista será este sábado 28 de setembro no municipio. Trátase dunha proba na que ofrecen a modalidade de Ruta de 50 quilómetros e outra de 28. Está organizada pola Concellería de Deportes da Fonsagrada coa colaboración da Deputación de Lugo. Os dorsais poderanse recoller o venres 27 dende as 19.00 ata as 21.00 no Concello e tamén o propio día dende as 9.00 ata 20 minutos antes da saída.
A inscrición, que pode incluír tamén dereito a cea, inclúe bolsa de corredor, avituallamento completo en carreira e meta, asistencia sanitaria durante a proba, seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes e servizo de gardería. Os participantes tamén poderán acceder ao servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes da Fonsagrada. Os interesados xa poden anotarse para participar en CC Norte. O límite é de 300 participantes.