A Fonsagrada recibe a visita dunha unidade da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
LugoXa
O posto estará situado diante do Museo Comarcal da Fonsagrada e estará operativo en dous horarios
5 Jan 2025
O próximo luns, 13 de xaneiro, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase á Fonsagrada para facilitar a doazón de sangue entre os veciños da zona.
O posto estará situado diante do Museo Comarcal da Fonsagrada e estará operativo en dous horarios: pola mañá, de 10.30 a 14.00 horas, e pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas.
Desde a Axencia lémbrase a todos os doadores que é imprescindible levar consigo a tarxeta de doazón, o DNI ou outro documento de identificación similar para poder realizar a doazón.
A participación de todos é esencial para manter os niveis necesarios de sangue nos hospitais, garantindo así a atención sanitaria aos pacientes que o precisen.