O Concello da Fonsagrada vén de sumarse ao proxecto 'Ecohostelero', unha iniciativa promovida por Ecoembes para concienciar da importancia de reciclar centrándose nos diferentes locais de hostalería, como bares, hoteis ou restaurantes do municipio. Un total de 35 negocios sumáronse xa a esta campaña.
A Fonsagrada súmase ao proxecto ambiental 'Ecohostelero'
LugoXa
Trátase dunha iniciativa que pretende concienciar da importancia de reciclar, centrándose nos locais de hostalaría do municipio
17 Mar 2021
Con esta iniciativa preténdese animar aos establecementos de hostalería da Fonsagrada a que reciclen os seus residuos dun xeito sostible e responsable, algo relevante tendo en conta a grande cantidade de residuos que este tipo de locais xeran cada día.
Os locais que se unan a esta proposta recibirán formación e materiais por parte de Ecoembes co fin de poder levar a cabo o proxecto como, por exemplo, distintivos de 'local ecohostelero', os colectores necesarios para a reciclaxe ou unha guía para separar os envases de xeito correcto. Deste xeito tamén se fomentará a reciclaxe entre a clientela dos establecementos.