A fonte de San Vicente de Lugo volveu a manar viño
A fonte de San Vicente da Praza do Campo de Lugo volveu a manar viño. Un ano máis San Vicente obrouo seu “Milagre” coa axuda de Lugo Monumental. Normalmente esta festa é o día 29 de xullo, Santa Marta, patroa da Hostalería, pero este ano, ao coincidir en luns, votouse cambialo de día.
A cita contou co patrocinio de Viliga (Viños e Licores de Galicia), polo que o público recibiu gratuitamente o viño, ademais da colaboración do Concello de Lugo polo que houbo animación na rúa e pasacalles. O tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de outros edís da corporación municipal participou no evento baseado na lenda do Milagre de San Vicente.
Por outra banda, entregáronse os premios de Lugo Monumental recoñecendo toda unha vida na hostalería ao Restaurante España, e a un comercio singular para a Sombrerería da Costa. O Concello de Lugo participou activamente colaborando coa peche perimetral da Fonte de San Vicente e coa intervención musical do grupo Caivanca.