A 'foodtruck' de Galicia Sabe AMar achegarase a Monterroso
LugoXa
Galicia Sabe AMar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar
21 Nov 2024
A foodtruck de Galicia Sabe AMar estará o venres, 22 de novembro, en Monterroso, concretamente no IES Monterroso de 10.25 a 11.25 horas; no CEIP Plurilingüe Monterroso de 11.30 a 12.30 horas e no Templete de 16.30 a 20.30 horas.
Galicia Sabe AMar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.