A friolesa Mar Pérez Fra será a número 3 do BNG ás eleccións europeas

TerraChaXa | LugoXa
O Consello Nacional do BNG aprobou o 27 de abril a candidatura para as vindeiras eleccións europeas.
mar perez fra bng portada
2 May 2024

O Consello Nacional do BNG aprobou o 27 de abril a candidatura para as vindeiras eleccións europeas. Lista encabezada por Ana Miranda e onde a lucense Mar Pérez Fra, veciña de Friol, ocupará a terceira posición.

Mar Pérez Fra é profesora da área de economía , socioloxía e política agraria no Campus Terra de Lugo, especializada na análise, avaliación e deseño de políticas de desenvolvemento rural. Co cal a súa inclusión na lista do BNG para as eleccións europeas dará un impulso na defensa do territorio e da noso rural.

O BNG defendera ante a Unión Europa o dereito a vivir e a producir na propia Terra. As políticas europeas en materia agraria nunca tiveron en conta os intereses de Galiza. O BNG presenta unha candidatura cen por cen galega e porque Galiza precisa ter voz propia en Europa para facerse escoitar, para negociar, para defender os nosos sectores produtivos do rural, o noso medio ambiente e territorio, para defender o avance dos dereitos sociais da clase traballadora.

“As políticas comunitarias e da Xunta impulsaron o abandono do rural e favoreceron a perda de renda agraria, os incendios forestais, a contaminación e a perda de ecosistemas valiosos. No BNG defendemos políticas agrarias que permitan rendas agrarias dignas e a protección do medio ambiente” expón Mar Pérez Fra.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18344902992249