A Fundación Feiras e Exposicións de Lugo aproba o plan de actuación 2026 e un orzamento de 1,66 millóns de euros

LugoXa
O padroado tamén autoriza a continuidade das obras de modernización das instalacións para mellorar accesos, pavillóns e a pasarela exterior
Orzamento-Pazo-de-Feiras-de-Lugo
11 Dec 2025

Na reunión ordinaria do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo aprobouse o Plan de Actuación 2026 e o orzamento correspondente ao vindeiro exercicio, que ascende a 1.665.000 euros.

Ademais, acordouse continuar o próximo ano coas obras de modernización das instalacións, que inclúen novas melloras na zona central, nos accesos aos pavillóns e na pasarela exterior. Durante a sesión, o padroado deu luz verde á contratación dos traballos.

Os responsables autonómicos resaltaron a importancia do labor de dinamización do Pazo de Feiras, que acolle ao longo de todo o ano eventos multitudinarios de distintos ámbitos e sectores, implicando á sociedade lucense na súa totalidade.

⚙ Configurar cookies
0.082401990890503