A Furgoteca achegará as bibliotecas móbiles a Baleira durante o mes de febreiro

LugoXa
O servizo da Xunta de Galicia visitará distintas parroquias do concello os días 12 e 24 de febreiro
Furgoteca Xunta
8 Feb 2026

A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles impulsado pola Xunta de Galicia, chegará ao concello de Baleira ao longo do mes de febreiro cunha programación que inclúe dúas rutas por distintas parroquias e núcleos do municipio. A iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso á lectura, á cultura e aos servizos bibliotecarios á poboación do rural.

A primeira das visitas terá lugar o día 12 de febreiro, cun itinerario que comezará ás 11:00 horas no Cádavo, na Praza da Feira, e continuará polo Centro Sociocultural da mesma localidade. Ao longo da xornada, a Furgoteca desprazarase tamén a O Foxo, Fonteo, Retizós, Vilar de Pousada e á igrexa de San Lourenzo de Pousada, cunha programación que se estenderá ata as 15:30 horas.

A segunda ruta está prevista para o día 24 de febreiro e incluirá paradas na Residencia e Centro de Día do Cádavo, na Casa Niño Fedellos, novamente na Praza da Feira do Cádavo, así como nas localidades da Fontaneira, A Lastra e Córneas. O horario desta xornada desenvolverase entre as 11:00 e as 15:00 horas.

A Furgoteca ofrece unha ampla variedade de materiais, como libros, cómics, xogos, música ou cinema, converténdose nun recurso cultural de proximidade para veciñanza de todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.083675861358643