A Furgoteca celebra o Día do Teatro en Navia de Suarna cunha obra teatral

Esta tarde de sábado, A Furgoteca das Bibliotecas Móbiles de Galicia celebrará o Día do Teatro cunha representación especial no Café-Bar Suarna, en Navia de Suarna, a partir das 19.30 horas.
A obra elixida para a ocasión é O pobre don Ramón non entende o mundo, unha comedia rural que, con ironía e moito humor, aborda as desigualdades de xénero no traballo.
Esta peza, interpretada polo Grupo de Teatro Abrente As Nogais, busca non só entreter ao público, senón también xerar unha reflexión sobre o 8M e a igualdade de xénero durante todo o ano.
A actividade está aberta a todo o público e conta co apoio da Xunta de Galicia. Ademais, a Furgoteca, co seu compromiso coa difusión cultural, promove esta iniciativa como parte da súa programación para achegar o teatro e a literatura a todos os recunchos de Galicia.