A Furgoteca prepara na praza do Cádavo, en Baleira, unha Noite de Biblioteca

LugoXa
A Furgoteca prepara para o martes 31 de outubro na praza do Cádavo, en Baleira, unha noite de biblioteca.
cartel samain portada
27 Out 2023

A Furgoteca prepara para o martes 31 de outubro na praza do Cádavo, en Baleira, unha noite de biblioteca.

Así, nesta cita o protagonista será o Escarlatina, a cociñeira defunta, un libro escrito por ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas.

Será ás 20.30 horas e haberá que levar unha lanterna para poder xogar e desfrutar da cita na que hai unha hora para solucionar adiviñanzas, superar retos e atopar solucións a acertixos.

Tamén piden que se leven un bote cunha tapa para poder facer a propia apócema e por suposto ir disfrazado.

0.14035511016846