A Furgoteca volve a percorrer Pedrafita

LugoXa
A Furgoteca volve a Pedrafita para seguir achegando a lectura aos máis pequenos.
2 Maio 2024

A Furgoteca volve a Pedrafita para seguir achegando a lectura aos máis pequenos. Deste xeito, o día 5 deste mes de maio comezará o seu itinerario a partir das 11.00 horas e estará na praza do Concello, no Cebreiro, en Liñares, Fonfría e Louzarela. De novo o servizo volverá ao municipio cunha nova ruta o día 24.

Pasará por Foxos, Fonteferreira, Hospital, Sabugos, Casares, Zanfoga e Pedrafita para achegar libros, cómics, contos, música e cinema a pequenos e maiores. Desde a posta en marcha de A furgoteca realizouse unha media mensual de máis de 1.000 préstamos. Ademais de ofrecer libros, películas, música, xogos e publicacións periódicas, este servizo tamén serviu para tramitar 1.200 altas no carné e ofrecer aos usuarios conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora.

No caso da provincia de Lugo, o servizo está en funcionamento nos concellos de Baleira, Cervantes, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela e acumula xa máis de 4.500 visitas e preto de 4.500 préstamos de exemplares.

0.20178198814392