A Gala de Danza do Conservatorio de Lugo reúne 130 estudantes para apoiar os programas de UNICEF

LugoXa
O alumnado exhibiu pezas de danza clásica, contemporánea e galega nun evento solidario que puxo en valor o seu talento e compromiso
Gala-Unicef-Lugo-Conservatorio-Profesional-de-Danza
10 Dec 2025

A décimo cuarta edición da Gala de Danza a prol de UNICEF, organizada polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, celebrouse cun forte compoñente solidario e coa participación duns 130 alumnos e alumnas. O obxectivo do encontro foi recadar fondos para os programas que UNICEF desenvolve en defensa dos dereitos da infancia en todo o mundo.

O alumnado do grao elemental interpretou a peza titulada Dentro de min, mentres que os estudantes de 5º e 6º curso do grao profesional ofreceron unha serie de coreografías de danza clásica, contemporánea e do obradoiro de danza galega, demostrando a súa habilidade técnica e creativa.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiron ao evento acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. As autoridades destacaron o talento e a profesionalidade do alumnado destas ensinanzas artísticas, ao tempo que subliñaron o seu compromiso co labor de UNICEF e a defensa dos dereitos da infancia.

⚙ Configurar cookies
0.080435037612915