A Galería NÉBOA leva a Vicente Blanco e Andrés Rivas á exposición 'Territorio Contemporánea'

GaliciaXa | LugoXa
A mostra colectiva, comisariada por Diego Cascón, inaugúrase o 25 de setembro na sala de ABANCA da Praza de Cervantes
Territorio-Contemporánea-Neboa-Lugo-arte
22 Sep 2025

A Galería NÉBOA anunciou a participación dos artistas Vicente Blanco, natural de Cee en 1974, e Andrés Rivas Rodís, compostelán nado en 2000, na exposición colectiva Territorio Contemporánea, comisariada por Diego Cascón. A mostra reúne os proxectos seleccionados dentro do programa #ABERTO2025 e abrirá as súas portas o 25 de setembro na sala de ABANCA da Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela.

Na planta baixa poderase contemplar a obra de Vicente Blanco, presentada en diálogo co conxunto de propostas das galerías que integran a Asociación CONTEMPORÁNEA, entidade promotora deste proxecto común. Pola súa parte, na primeira planta, Andrés Rivas Rodís exhibirá a súa creación artística en diálogo cunha peza pertencente á colección de ABANCA asinada pola recoñecida escultora barcelonesa Susana Solano, nacida en 1946.

Segundo destacan desde a organización, Territorio Contemporánea constitúe unha oportunidade para descubrir a diversidade e vitalidade da creación artística galega actual, nun espazo que busca favorecer o encontro entre artistas, galerías e público no corazón de Santiago.

⚙ Configurar cookies
0.1156370639801