A Galería Nova Rúa acolle a exposición Expo·Express, a exposición máis recente de Leandro Barea

A Galería Nova Rúa acolle a exposición Expo·Express, a exposición máis recente do artista Leandro Barea, un creador que converte as cores primarias, magenta, amarelo e cian, en ferramentas de humor, ironía e provocación.
A mostra, que estará aberta ata o 15 de decembro, inclúe 23 pezas orixinais e unha selección de 20 láminas, onde a arte mestúrase con frases mordaces e rebeldes que non deixarán indiferente a ninguén.
Leandro Barea desafía o convencional co seu estilo único, caracterizado por formas atrevidas, trazos enérxicos e unha paleta de cores que salta do lenzo.
As súas obras son un estalido visual que acompaña mensaxes cargadas de humor e un espírito irreverente. Desde chiscadelas ao cotián ata críticas sutís (ou non tanto), cada peza convida o espectador a rir, reflexionar e gozar dunha experiencia artística diferente.
Leandro Barea e a Galería Nova Rúa invitan a todas as persoas a romper a rutina e mergullarse nun universo cheo de cor, humor e ese toque de rebeldía que fai que a arte cobre vida.