A Galería Nova Rúa inaugura a mostra colectiva 'A estación suspendida'

LugoXa
A exposición reúne artistas consolidados e novas incorporacións nun diálogo entre xeracións e linguaxes plásticos
A-estación-suspendida-Galería-Rúa-Nova-Lugo
17 Oct 2025

A Galería Nova Rúa de Lugo abre este venres 15 de outubro ás 20:00 horas a exposición colectiva A estación suspendida, unha mostra que permanecerá aberta durante toda a tempada de outono e que convida á contemplación nun tempo intermedio entre a luz do verán e as sombras do inverno.

A exposición reúne obras recentes de artistas que levan tempo vinculados á galería —Jano Muñoz, Ali Ali, Emile Gireau, Fernández Vila, Peña Romay, Miguel Anxo Macía, Raúl Álvarez, Manuel Suárez, Benito Freire, Jesús López Lázare e Sánchez Lareo— xunto a pezas seleccionadas de referentes do arte galego contemporáneo como Quintana Martelo, Jorge Peteiro, Jorge Castillo, Elena Gago e Eugenio Granell.

O percorrido complétase coa incorporación de dous novos artistas que se suman por primeira vez ao proxecto: Luis Feo e Alba Troiteiro, cuxas obras achegan novas sensibilidades entre o matérico e o poético, entre a delicadeza e a experimentación.

A estación suspendida propón un diálogo aberto entre diferentes xeracións e linguaxes, desde a pintura figurativa ata a escultura contemporánea e a obra sobre papel. O conxunto das pezas seleccionadas fala dun tempo de pausa e observación, da beleza que se oculta na materia e da quietude entendida como unha forma de resistencia.

A mostra poderá visitarse durante todo o outono na Galería Nova Rúa (Rúa Nova, 114-116, Lugo), con entrada libre no horario habitual: de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:15 horas, e os sábados de 10:15 a 14:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.073101043701172