A galería Solaina abrirá unha fiestra como novo espazo expositivo

LugoXa
O vindeiro martes 28 de novembro ás 11.
solaina fachada
27 Nov 2023

O vindeiro martes 28 de novembro ás 11.00 horas terá lugar na galería de arte Solaina a inauguración do novo espazo
expositivo de dita galería, a súa fiestra. Con esta idea Sergio Marey, director do espazo, quere que haxa sempre unha ventá aberta á arte contemporánea, “que calquera veciño do barrio que pasee por alí sempre poida gozar dunha
creación actual, aínda que a galería este pechada”.

Para inaugurar este novo espazo, Solaina lanzou unha convocatoria aberta a fotógrafos e artistas da imaxe galegos e portugueses e/ou residentes en Galicia e Portugal. Con esta convocatoria buscan tamén poñer en valor a historia da cidade e facer memoria de grupos tan importantes como a Agrupación Fotográfica Lucense de Educación e Descanso e o seu labor.

A Agrupación Fotográfica Lucense de Educación e Descanso foi unha asociación de fotógrafos e demais artistas da cidade fundada en 1958. Entre as súas múltiples actividades tiñan da Foto da Semana. Tratábase de seleccionar unha fotografía entre varias que se presentaban para logo expoñela nunha vitrina na Praza Maior de Lugo. Así Fiestraxe quere ser unha recuperación desta actividade. Unha posta en valor da historia da Lugo. Unha acción de memoria para lembrar e recuperar.

O artista portugués, Miguel Ângelo Marques resultou gañador desta primeira convocatoria lanzada por Solaina.

0.21465802192688