A Garda Civil imparte unha formación sobre medio ambiente no colexio de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Explicou as medidas que se poden adoptar desde idades temperás para evitar os incendios forestais
formacion-medio-ambiente-garda-civil-pol
29 May 2025

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu este xoves ao CEIP PL Rosalía de Castro do concello de Pol para participar nunha xornada formativa organizada pola Garda Civil no marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos. A actividade, centrada na protección da natureza e na prevención de incendios, estivo dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Durante a sesión, o axente do Seprona Roberto Pérez impartiu unha charla na que explicou a importancia de coidar o medio ambiente e as medidas que se poden adoptar desde idades temperás para evitar os incendios forestais. Isabel Rodríguez puxo en valor “o compromiso da Garda Civil coa concienciación ambiental e a súa implicación na formación do alumnado como parte fundamental da loita contra os incendios e na defensa do patrimonio natural”.

⚙ Configurar cookies
0.16526818275452