A Goberno local de Lugo recoñece a figura de Castelao como primeiro presidente galego

LugoXa
A iniciativa partiu do Partido Galeguista (PG) co aval e apoio de varias entidades e asociacións da emigración e do exilio
Goberno-local-Lugo-e-Castelao
16 Nov 2024

A Corporación Municipal de Lugo recoñece a figura de Castelao como primeiro presidente galego despois de chegar a un acordo unánime no Parlamento Galego, no que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como presidente do Consello da Galicia dentro do marco da celebración do 80 aniversario do propio Consello da Galicia.

Unha proclamación e un recoñecemento que chegan a raíz do Manifesto para que Castelao pola súa condición de presidente do Consello sexa proclamado como primeiro presidente da Galicia.

A iniciativa partiu do Partido Galeguista (PG) co aval e apoio de varias entidades e asociacións da emigración e do exilio, como a Federación de Entidades Galegas de Arxentina, o Centro Galicia de Bos Aires ou o Centro Betanzos, entre outros; así como a Fundación Rosalía de Castro.

Esta petición foi trasladada aos grupos parlamentarios (PP, BNG, PSdeG e Mixto), que deron o seu visto e prace á mesma.

0.19925403594971