A Gold River Race comeza en Lugo os seus 100 km

LugoXa
Lara Méndez dá o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race, que partiu este venres dende a Ponte Romana de Lugo
Saída Gold River Race
13 Maio 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez deu o pistoletazo de saída á segunda edición da Gold River Race. A competición piragüística de larga distancia partía ás 10 da mañá da Ponte Romana de Lugo para percorrer 50 quilómetros ata o encoro de Belesar.

O evento, co que colabora a á de Deportes do Concello de Lugo e a Deputación está organizado por ata oito clubes da provincia.

Durante a saída da proba, Lara Méndez saudou ao medallista olímpico ucraíno, Alexander Shaparenko, que foi nomeado embaixador internacional da competición. A alcaldesa subliñou que “é unha honra que a nosa cidade acolla a saída deste evento que, sen dúbida, contribuirá a poñer en valor as posibilidades deportivas e de turismo da Galicia interior”.

A segunda etapa sairá da Ponte Nova de Ourense e terminará en Barbantes, tras 30 quilómetros de travesía. Mentres que a terceira e última etapa terá lugar en Pontevedra, entre Crecente e Salvaterra de Miño.

0.12018513679504