A graduación da Escola Politécnica de Lugo destaca o papel dos enxeñeiros no futuro do rural galego

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela celebrou hoxe no Campus de Lugo a graduación dunha nova promoción de estudantes, nun acto que contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
Durante a súa intervención, a representante autonómica destacou a importancia da formación para garantir que o sector primario galego conte con profesionais altamente cualificados.
María José Gómez referiuse aos enxeñeiros e enxeñeiras que rematan agora os seus estudos como “algúns dos protagonistas” do futuro do rural galego, salientando o seu papel clave na construción dun medio rural dinámico, innovador e sostible.
Ademais, animounos a traballar de forma conxunta para impulsar un rural vivo, coidado e capaz de adaptarse aos novos retos con calidade e profesionalidade.