A guía turística ...E para comer, Lugo puxo en valor a gastronomía lucense no Fitur

LugoXa
La guía turística ...E para comer, Lugo ensalzó y puso en valor la gastronomía de Lugo en la Feria de turismo FITUR.
E para comer, Lugo (1)
20 Xan 2022

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez participou na tarde de onte na presentación en Fitur da guía turística …E para comer, Lugo, que correu a cargo do presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real.

A rexedora ensalzou a riqueza gastronómica da cidade e da provincia de Lugo, por iso que “a marca de … E para comer, Lugo, xa forma parte do noso ADN” ao tempo que apuntou que “o sector da hostalería é un dos que máis está a sufrir as consecuencias da crise sanitaria provocada pola Covid-19, o Concello de Lugo foi pioneiro na adopción de medidas para axudar a este sector que representa o 12% do PIB do municipio e o 19% do emprego, co propósito de evitar o peche de establecementos e a destrucción de emprego, debido á pandemia”.

Lara Méndez explicou que o Concello de Lugo esta a levar a cabo un ambicioso plan de dinamización de barrios a través do comercio e a hostalería de proximidade e incidiu que esta iniciativa chamada Localmente Lucense convida á cidadanía a coñecer a riqueza do comercio e a gastronomía de cada un dos barrios de Lugo..

0.16379499435425