A Hedreira acolle a presentación do libro 'Aquí e agora. Pensando a ecoloxía social de Murray Bookchin'
O Centro Social Autoxestionado A Hedreira acolle este xoves día 1 de xuño a presentación do libro Aqui e agora. Pensando a ecoloxía social de Murray Bookchin do autor Floreal M. Romero.
Este libro, ensaio e manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao colapso inminente.
O libro, publicado orixinalmente en Francia en 2019 na editorial Éditions du Commun, conta cunha ampla introdución á edición española. Nesta, o autor analiza as últimas novidades acaecidas, incluíndo a xestión da pandemia, desde a óptica do comunalismo e a ecoloxía social.
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e do municipalismo libertario. Fai un repaso da súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o estado español ao Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo.