A Hedreira e Avante Lugo LGBT+ organizan as Xornadas Antirrepresivas
As Xornadas Antirrepresivas LGBTACAB+, organizadas en colaboración por Avante Lugo LGBT+. O programa comeza o venres 12 a partir das 20.15 horas. Raquel Crespo do Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades) presenta Relatorio da campaña pola abolición do isolamento penitenciario.
Unha peza, elaborada por unha vintena de organizacións, que dá conta dos supostos nos que se pode aplicar o isolamento penitenciario, que restricións supón e que consecuencias ten. Tamén presentará un informe sobre a situación das presas políticas kurdas.
As actividades do sábado comezan ás 11.30 horas coa marcha Abaixo os Muros das Prisións en Teixeiro. Xa pola tarde, ás 17.00 presentarase o libro Pájaros Azules co autor Santi Cobos. Neste libro recóllese o testemuño de Cobo, que durante 27 anos estivo preso en distintos centros penais. Actualmente, Santi Cobos atópase en réxime de terceiro grao. Ás 18.00 presentarase o libro A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea coa autora Daniela Ferrández.
Este é un libro divulgativo que recompila historias e memorias de persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos. por último, a partir das 19.00 horas Avante LGBT+ dará a coñecer o Fanzine Antipunitivsmo de Antipunitivismo e xustiza restaurativa: que tipo de xustiza queremos? A música chegará da man de Gael de Papel, que ofrecerá un concerto de balde. Ás 21.30 organizarase unha cea vegana.