A I Feira Nacional de Deportes de Contacto e Artes Marciais elixe Lugo como destino
LugoXa
O prato forte do evento será unha serie de veladas das distintas disciplinas dos deportes de combate e as artes marciais
19 Ago 2024
Lugo será escenario da I Feira Nacional de Deportes de Contacto e Artes Marciais. A cita no Pazo de Feiras e Congresos celebrarase o 22, 23 e 24 de novembro cunha selección dos mellores combates. O prato forte do evento será unha serie de veladas das distintas disciplinas dos deportes de combate e as artes marciais.
Ademais, os asistentes tamén poderán gozar dunha masterclass da man de Yago Díaz, campión de España de Judo. A música será outro dos ingredientes do evento no que actuarán LeSoul 33, un destacado rapeiro e freestyler profesional orixinario de Lugo e Christian Preciado, un Dj de renome que cautivou a audiencias de todo o mundo co seu estilo único. O programa tamén inclúe exhibicións, charlas, foodtrucks, actividades e concertos.