A Igrexa de Santiago A Nova acollerá o XVII Encontro de Corais Camiño de Santiago

A igrexa lucense de Santiago A Nova será o escenario este sábado, 15 de marzo, do XVII Encontro de Corais Camiño de Santiago, un evento promovido pola Xunta de Galicia e a coral da Asociación de Amigos do Camiño da provincia de Lugo.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, xunto co presidente da Asociación, Ángel Trabada, presentaron hoxe o concerto na Delegación Territorial.
A actuación, que comezará ás 20.30 horas, contará coa participación do coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, xunto coa coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo da provincia de Ourense.
Este evento, que celebra a tradición musical e cultural do Camiño de Santiago, promete ser unha noite de música e harmonía, que reúne a dous destacados coros do noroeste de Galicia nun espazo tan emblemático como a igrexa de Santiago A Nova.