A Igrexa de Vilar de Donas acolle a presentación do proxecto 'Corcosendo'
O sábado, día 23 de decembro preséntase na Igrexa de Vilar de Donas o proxecto 'Corcosendo' organizado pola Sección de Audivisuais do Instituto de Estudos Ulloáns e coordinado por Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela.
Ás 12.00 horas terá lugar a inauguración da exposición multidisciplinar e transmedia ‘Corcosendo: a memoria das costureiras da Ulloa’, que ofrece unha mostra fotográfica de 33 retratos de mulleres relacionadas co oficio da costura na Ulloa, intervidos pola artista téxtil Verónica Ramilo. Completan a proposta artística unha performace de Helena Salgueiro, a estrea dunha videocración, realizada por Xabier Mailán, máis a presentación dun tema inédito de Zoelas composto especificamente para este proxecto.
Presentarase no acto o libro do proxecto, con prólogos de Olga Novo e Ana Pérez Valdés, e a aplicación para o móbil que no futuro formarán tamén parte de ‘Corcosendo’.