A II Edición do Lucus Music Festival dará comezo o 28 de agosto
Volve a segunda edición do Lucus Music Fest, unha nova edición da proposta organizada pola asociación Músico Crisanto e que conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo que encherá de música as rúas de Lugo entre o 28 de agosto e o 2 de setembro.
O festival acollerá ao mesmo tempo masterclass de dirección e canto, achegando a Lugo a unha serie de directores de orquestra para participar en formacións da man de profesionais como Rafael Pascual Vilaplana ou Enrique García Asensio.
A concelleira de Cultura indicou que esta segunda edición do Lucus Music Festival “propón 15 actividades abertas ao público xeral, con concertos, conferencias e ensaios abertos de distintas agrupacións musicais, que servirán tamén para mostrar o traballo realizado polas cantantes e directores asistentes ao campus”-
O campus, na categoría de dirección musical, permitirá ás participantes “desenvolver a súas competencias como directores e directoras de agrupacións musicais, mellorando as ferramentas xestuais e técnicas das participantes” e mellorando a relación orgánica entre a agrupación e a dirección. Para isto, achegarase formación en eidos como a posición corporal, o tempo, as dinámicas de traballo ou a independencia xestual.
“Na categoría de canto, búscase transmitir a importancia do coñecemento propio para sacar o maior proveito á voz das persoas participantes”, explicou Maite Ferreiro. Organizaranse clases individuais e personalizadas para desenvolver as calidades segundo as necesidades de cada unha das participantes, afondando na preparación de castings, concursos e audicións achegando coñecemento detallado sobre todos os protocolos a seguir, aclarou a edil de Cultura.
Programación II Lucus Music Festival
Luns 28
20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto introductorio de músicas populares con Banda Sinfónica.
Martes 29
10:30 na Escola de Música de Lugo – Recepción
11:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Clases
17:45 a 19:45 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto coa Banda Sinfónica e Coro
20:30 no Círculo das Artes – Concerto de xuventude solista
Mércores 30
10:45 a 14:00 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Big Band
16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases
20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto de Big Band
Xoves 31
10:45 a 14:00 na rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Ensemble de saxos.
16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Cordas
20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto con Ensemble de saxos
Venres 1
10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Corda
16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Masterclass Enrique García Asensio
18:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases
20:30 no Círculo das Artes – Concerto de Grupo de corda
Sábado 2
10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con ensemble de metais
16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Marterclass Rafael Pascual Vilaplana
18:00 a 19:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Ensaio aberto con Banda Sinfónica e Coro
20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto final con ensemble de metais + Banda de música e coro