A Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia pon en valor a produción vitivinícola da zona

LugoXa
La Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia es de gran importancia para dinamizar el territorio y poner en valor el vino.
cata vino
5 Abr 2022

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia é de gran importancia para dinamizar o territorio e para poñer en valor a produción vitivinícola. Desta forma estase a amparar por unha marca de calidade que recoñece a singularidade do produto e o bo facer dos viticultores e adegueiros.

A Consellería do Medio Rural xa emitiu a súa decisión favorable en relación coa nova IXP, que neste momento está en tramitación na Unión Europea. Contar cun selo de calidade abre novas oportunidades para a zona, é un gran estímulo para o emprendemento e para recuperar viñedos e fincas improdutivas.

Un exemplo é casa Sidrón, unha adega cunha longa tradición familiar cuxos propietarios decidiron no ano 2013 dar o salto á profesionalización para poñer en valor a calidade das diferentes variedades de viño producidos na zona de Negueira de Muñiz. Apostan polas vides autóctonas e elaboran cinco tipos de caldos cunha produción dunhas 6.000 botellas.

Ademais, estanse a desenvolver diferentes programas formativos sobre a vitivinicultura na IXP Terras do Navia, co fin de formar ás persoas interesadas neste eido que manteñen unha relación co territorio e asentar unhas bases que posibiliten a expansión do terreo cultivado.

Características da IXP

A IXP Terras do Navia amparará os viños tintos e brancos producidos en seis parroquias do concello da Fonsagrada -Cereixido, Lamas de Moreira, Monteseiro, San Martiño de Suarna, Vilabol de Suarna e Vilar da Cuiña-; noutras seis de Navia de Suarna -A Pobra de Navia, Barcia, Castañedo, Muñís, Mosteiro e A Ribeira- e na totalidade do municipio de Negueira de Muñiz.

O rexistro desta indicación xeográfica protexida baséase tanto nas características específicas do produto, claramente vinculadas ao medio natural de produción, como á reputación que ten acadado, basicamente no mercado galego e asturiano.

Trátase de viños que reflicten os efectos das condicións termopluviométricas e agronómicas para unha vitivinicultura de calidade, ao que debe sumarse o factor humano que se concreta na implantación das viñas en zonas de boa exposición, con solos quentes, permeables e con baixo nivel de materia orgánica, así como na elección de variedades adaptadas ao medio.

0.21960806846619