A iniciativa Aulas abertas pretende fomentar o apego polo rural

LugoXa
Aulas Abertas ten como obxectivo facilitar a conciliación e que as e os nenos socialicen de forma segura nas súas vacacións.
local social burgo lugo
16 Xul 2021

Recuperar as antigas escolas unitarias e os centros de convivencia das parroquias e enchelas novamente de vida, poñéndoas ao servizo das e dos residentes nos núcleos. Pero tamén facilitar a conciliación familiar e ser unha opción segura nun momento complexo no que a incertidume sobre a evolución da pandemia coarta a escolla das nais e pais á hora de buscar un entretemento e ocupación para os máis pequenos da casa nas súas vacacións.

Estes son os dous obxectivos fundamentais das Aulas Abertas. A iniciativa coa que se pretende fomentar o apego polo rural e o arraigamento nos núcleos sendo a querenza pola orixe un factor clave que propicie o asentamento de poboación.

Así mesmo, búscase que o tempo de lecer que os nenos e nenas teñen nesta época, sexa aproveitado cunha alternativa segura de entretemento que favoreza a socialización entre iguais e nunha contorna protexida. Mais tamén aproveitar estas xornadas para a aprendizaxe, a promoción de valores de coidado á natureza e de sentimento de pertenza a un lugar que, co paso dos anos, será unha fonte de bos recordos e fermosas vivencias.

Olga López Racamonde, que esta mañá visitou algunhas destas antigas escolas unitarias para comprobar in situ o funcionamento das Aulas Abertas, indicou alén que, en total, máis de medio milleiro de familias lucenses solicitaron este servizo, que se presta, así mesmo, nos centros socioculturais da capital, “incrementando a oferta pública de dinamización infantil no municipio, tan necesaria nun período prolongado de lecer como son os meses estivais”.

0.13050985336304