A iniciativa 'Espazo Infantil' do PP de Lugo desenvolverase esta tarde na Praza de Alacante

LugoXa
Cada neno ou nena poderá deixar a súa opinión sobre as melloras que gostaría de ver na cidade a través dunha cartolina ilustrada realizada por un artista lucense
Presentación-Espazo-Infantil-PP-Lugo
25 Apr 2025

O Partido Popular de Lugo anima a participar na súa iniciativa, o Espazo Infantil, que terá lugar na Praza de Alacante esta tarde de venres, 25 de abril, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Esta actividade lúdica e participativa está destinada a nenos e nenas de Lugo para que imaxinen a cidade que queren, polo que poderán expresar as súas inquedanzas e expectativas sobre a cidade.

O Espazo Infantil nace como resposta ás demandas da veciñanza, que participou activamente nas reunións mantidas polo PP nos distintos barrios da cidade, onde se solicitaban máis espazos de xogo e encontro para as familias.

Neste evento, os pequenos poderán disfrutar de actividades lúdicas como inchables, xogos tradicionais, maquillaxe facial e moito máis. Ademais, cada neno ou nena poderá deixar a súa opinión sobre as melloras que gostaría de ver na cidade a través dunha cartolina ilustrada realizada por un artista lucense.

Con esta iniciativa, o PP reafirma o seu compromiso cun Lugo pensado para todas as xeracións, no que tamén os máis pequenos teñen voz e espazo.

⚙ Configurar cookies
0.19592881202698