A iniciativa, Merca no teu comercio, na Fonsagrada, xa ten gañadores

Onte, día 28 de xullo pola mañá, tivo lugar na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo ante notario dos 1.000 euros en premios correspondentes á terceira campaña de Merca no teu comercio na provincia de Lugo, unha iniciativa de dinamización do comercio de proximidade que se desenvolveu entre o 10 e o 25 de xullo na localidade de A Fonsagrada.
A cantidade, repartirase en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que serán entregadas nun acto que se celebrará o vindeiro sábado, 2 de agosto, ás 13.30 horas na Praza do Concello de A Fonsagrada.
Os gañadores, que serán contactados pola organización, deberán empregar as tarxetas en compras no comercio retallista desta mesma localidade, onde se desenvolveu a campaña. O listado completo dos premiados pode consultarse en www.mercanoteucomercio.com.
Esta campaña está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Concello de A Fonsagrada e outras entidades. O seu obxectivo principal é estimular as vendas nos municipios rurais da provincia de Lugo, achegar aos clientes aos comercios e dinamizar o sector.
A participación nesta iniciativa foi moi satisfactoria, rexistrándose un total de 1.851 tickets, pertencentes a compras realizadas nesta localidade lucense.