A inspección técnica agrícola chega a Vilane, en Antas de Ulla, en decembro

LugoXa
A unidade móbil da ITV agrícola visitará a nave municipal para facilitar as revisións de maquinaria ao sector rural
itv-agricola
9 Nov 2025

O Concello de Antas de Ulla informa de que a unidade móbil nº 05 da Inspección Técnica de Vehículos agrícolas desprazarase á parroquia de Vilane do 10 ao 19 de decembro de 2025. A nave municipal será o punto escollido para que os propietarios e propietarias de maquinaria poidan cumprir coa revisión obrigatoria dos seus vehículos sen ter que realizar desprazamentos longos, facilitando así o trámite ao sector agrogandeiro da zona.

A atención ao público desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Os días 12 e 19 de decembro, o servizo prestará atención exclusivamente en horario matinal, entre as 9:00 e as 13:30 horas, polo que se recomenda organizar as visitas con antelación para evitar esperas.

Para reservar día e hora é imprescindible solicitar cita previa chamando ao 981 928 080. Dende o Concello animan ás persoas interesadas a realizar a inspección dentro do período establecido para manter a maquinaria agrícola en condicións adecuadas e garantir a seguridade nas tarefas do campo.

⚙ Configurar cookies
0.074074983596802