A instalación de cámaras aumenta a crispación dos bombeiros do Consorcio antes do inicio da folga

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os bombeiros do Consorcio inician este vernes, día 9 de xuño, unha folga indefinida convocada polos sindicatos .
parques bombeiros problemas
8 Jun 2023

Os bombeiros do Consorcio inician este vernes, día 9 de xuño, unha folga indefinida convocada polos sindicatos CSIF, UGT, CC.OO., Sibgal e CIG. Os traballadores queren denunciar as condicións "precarias" nas que traballan.

O estancamento das negociacións do convenio colectivo é un dos grandos eixes da protesta, á que se suman queixas polo déficit de material e de persoal co que traballan.

Mentres se prepara a folga que dá inicio mañá, a situación empeorou coas protestas do colectivo pola instalación de cámaras nos distintos parques.

"En 12 anos de servizo non foron capaces de contratar unha empresa de mantemento para reparar as distintas humidades das instalacións, aseos que levan meses sen funcionar, duchas avariadas, goteiras por todos os lados etc... E agora, a tres días do inicio da folga aparecen empresas de seguridade para tentar intimidar aos traballadores", explican.

“Necesitamos un fontaneiro dende fai anos, non cámaras de vixilancia”, explican.

"A tensión laboral é froito do descontento do persoal coa entidade, afirmamos que o servizo funciona grazas á vontade dos traballadores e que dende a administración nada se fixo nos últimos anos. Recorte tras recorte os bombeiros vímonos obrigados a ir á folga. A día de hoxe o Consorcio non paga a antigüidade recollida en convenio nin se actualizaron as táboas salariais dos últimos anos acordes aos presupostos xerais do estado",  din.

Unha das medidas de presión aprobada en asemblea é a non realización de horas extra. "E seguros de que esta medida vai poñer en graves apuros económicos aos profesionais que prestan servizo, xa que, detrás dos bombeiros temos a imaxe de pais desesperados que ven como o ridículo salario (pouco máis de 1000€) non é suficiente para darlle de comer aos nosos fillos", engaden.

Sobre a aparición os últimos días de pintadas nalgúns parques, tanto sindicatos como comité de empresa amosan total rexeitamento a tales feitos. "A solución ao conflito resolverase na mesa de negociación, a escusa da administración na última reunión era a falta de presuposto, pero agora, e dun día para outro si teñen orzamento para a instalación das cámaras nos seis parques co fin de intimidar aos bombeiros, apuntan dende as centrais sindicais", engaden.

parques bombeiros problemas2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16207194328308