A ITV chega á Fonsagrada en novembro

LugoXa
O Concello da Fonsagrada informa de que a unidade móbil de inspección de vehículos estará na vila a partir do 15 de novembro
itv
itv
12 Nov 2022

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará na Explanada do Piñeiral, no Concello da Fonsagrada durante o mes de novembro. Así o informa o Goberno local que informa das datas concretas nas que estará dispoñible este servizo.

Do 15 ao 22 de setembro, a unidade móbil estará aberta de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Excepto o día 22 de novembro que o horario será de 09.00 a 13.30 horas.

Para acudir é preciso pedir cita previa ben por teléfono, no 902 309 000, ou ben a través da páxina web da ITV.

0.19793581962585